sábado, 2 de marzo de 2019

TAREFA 1: COMO EVOLUCIONOU O SER HUMANO?



Con esta tarefa queremos acadar o estándar:
XHB3.6.1. Recoñece os cambios evolutivos ata chegar á especie humana, da materia de Xeografía e Historia de 1º de ESO.

Esta secuencia de aprendizaxe comprenderá varias actividades:

1. Avaliación inicial: cunha chuvia de ideas poderemos coñecer os "coñecementos previos" do noso alumnado sobre o proceso de hominización. 

2. Actividade de motivación: mediante a observación dun vídeo ameno duns 12 minutos trataremos de fomentar no noso alumando un "estado emocional favorable".

3. Actividade de investigación: fomentaremos a procura de información na rede sobre o  tema.

4. Aprendizaxe cooperativa: en grupos de catro alumnos de diferente nivel competencial aplicaremos a estrutura "lapis ao centro"; coa información recollida cada alumno haberá de encargarse das característica dunha especie concreta de homínido.

5. Realización dun esquema conceptual coas características físicas e culturais de cada especie.

6. Gravación dun audio con esta información.